Ministerio de Facenda PORTAL INSTITUCIONAL DEL MINISTERIO DE HACIENDA

Buscador de Contenidos

Financiamento Autonómico

Imaxe mapa comunidades autónomas Imaxe bandeiras comunidades autónomas

En relación co financiamento das comunidades autónomas, en España existen dous modelos: o réxime común o réxime foral.

Así mesmo, dentro do réxime común, Canarias posúe un réxime económico e fiscal peculiar por razóns históricas e xeográficas, que se regulou tendo en conta as disposicións da Unión Europea sobre rexións ultraperiféricas.

Ceuta e Melilla son dúas cidades que participan do financiamento autonómico, de conformidade cos seus Estatutos de Autonomía e tamén do réxime de financiamento das Facendas Locais. Así mesmo, dispoñen dun réxime de fiscalidade indirecta especial, en virtude da que recadan o imposto sobre a produción, os servizos e a importación, en lugar do IVE.

Xunto cos recursos que o sistema de financiamento proporciona ás Comunidades Autónomas, hai que engadi-lo resto dos recursos de que dispoñen: tributos propios, transferencias dos Orzamentos Xerais do Estado, fondos da Unión Europea, etc. Así mesmo, as Comunidades Autónomas poden obter financiamento acudindo ó endebedamento, nos termos previstos pola normativa vixente.

A Constitución Española refírese ó sistema de financiamento das Comunidades Autónomas nos artigos 156 a 158. Así mesmo, recoñece as especialidades dos territorios forais e de Canarias.

  • O artigo 156Abre nueva ventana (PDF aprox. 66.12 KB) establece os principios do sistema: autonomía financeira, coordinación e solidariedade.
  • No artigo 157Abre nueva ventana (PDF aprox. 71.81 KB) enuméranse os recursos das Comunidades Autónomas e remite o seu regulamento a unha Lei OrgánicaAbre nueva ventana.
  • No artigo 158Abre nueva ventana (PDF aprox. 66.89 KB) establécense os instrumentos para facer efectivo o principio de solidariedade.
  • Ademais, a Disposición Adicional PrimeiraAbre nueva ventana (PDF aporx. 56.37 KB) refírese ós territorios forais e a Disposición Adicional TerceiraAbre nueva ventana (PDF aprox. 54.94 KB) á modificación do réxime económico e fiscal do arquipélago canario.
  • Finalmente, a Disposición Transitoria QuintaAbre nueva ventana (PDF aprox. 57.18 KB)permitiu a constitución de Ceuta e Melilla como cidades con Estatuto de Autonomía.

Para máis información:

Banners destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre en nova ventá)Banco de datos económico financeiros (Abre en nova ventá)Goberno AbertoLogotipo do Portal da Transparencia (Abre en nova ventá)Participación pública en proxectos normativos

Ministerio de Facenda e Función Pública