Web del Ministerio de Hacienda

Escudo Goberno de España. Ministerio de Facenda

Portal Institucional del Ministerio de Hacienda

Dirección Xeral de Tributos

Estrutura e funcións (artigo 4 do Real Decreto 1127/2008, do 4 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Economía e Facenda)

  • 1. A Dirección Xeral de Tributos exercerá as seguintes competencias:
    • Análise e deseño da política global de ingresos públicos no tocante ao sistema tributario.
    • Proposta, elaboración e interpretación da normativa do réxime tributario xeral e das figuras tributarias non atribuídas expresamente a outros órganos directivos da Secretaría de Estado da Facenda e Orzamentos, así como a realización dos estudos —económicos e xurídicos— necesarios para o cumprimento destas tarefas.
    • Estudo das cuestións relativas á recadación e aos efectos económicos dos distintos tributos e proposta das correspondentes medidas de política fiscal, así como elaboración do orzamento de beneficios fiscais.
    • Negociación e aplicación dos convenios para evitar a dobre imposición relativas á normativa tributaria que conteñen os tratados internacionais e os traballos relativos á Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos e á Unión Europea no ámbito tributario.
    • Estudo e preparación das medidas referentes a convenios fiscais internacionais e acordos fiscais especiais, en coordinación con outros órganos da Administración, e actuacións de apoio relativas ás relacións coa Unión Europea e outros organismos internacionais dos que España sexa parte.
    • Realización das tarefas que esixa a política de harmonización fiscal comunitaria.
  • A Dirección Xeral de Tributos estará integrada polas seguintes Subdireccións Xerais:
    • A Subdirección Xeral de Tributos, que exercerá as funcións contidas no apartado 1.a) e b) en materia de normativa tributaria xeral ou de tributos que non sexan competencia exclusiva doutra Subdirección Xeral.
    • A Subdirección Xeral de Impostos sobre a Renda das Persoas Físicas, que exercerá as funcións contidas no apartado 1.a), b) e d), en todo o que se refire ao imposto sobre a renda das persoas físicas.
    • A Subdirección Xeral de Impostos sobre as Persoas Xurídicas, que exercerá as funcións contidas no apartado 1.a), b) e d), en todo o que se refire ao imposto sobre sociedades, ao réxime fiscal de cooperativas, sociedades anónimas laborais e sociedades agrarias de transformación.
    • A Subdirección Xeral de Impostos sobre o Consumo, que exercerá as funcións contidas no apartado 1.a), b) e d), no que se refire ao imposto sobre o valor engadido, ao imposto xeral indirecto canario (con independencia do preceptuado na disposición adicional décima da Lei 20/1991, do 7 de xuño, de modificación dos aspectos fiscais do Réxime Económico Fiscal de Canarias) e ao imposto sobre produción, servizos e importación nas cidades de Ceuta e Melilla, coa excepción dos gravames complementarios sobre os labores do tabaco e sobre carburantes e combustibles petrolíferos.
    • A Subdirección Xeral de Política Tributaria, que exercerá as funcións contidas no apartado 1.b), c) e d).
    • A Subdirección Xeral de Tributación das Operacións Financeiras, que exercerá as funcións contidas no apartado 1.a), b) e d), referidas a operacións financeiras e de seguro, institucións de investimento colectivo e fondos de pensións.
    • A Subdirección Xeral de Impostos Patrimoniais, Taxas e Prezos Públicos, que exercerá as funcións contidas no apartado 1.a), b) e d), no que se refire aos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, sobre o patrimonio, sobre sucesións e doazóns, tributos sobre o xogo, taxas e prezos públicos, así como con relación ás taxas comunitarias de corresponsabilidade e outros tributos comunitarios de análogo tipo e aos aranceis de funcionarios públicos.
    • A Subdirección Xeral de Impostos Especiais e de Tributos sobre o Comercio Exterior, que exercerá as funcións contidas nos parágrafos a), b) e d) do apartado 1, en relación con estes impostos, co imposto sobre as vendas minoristas de determinados hidrocarburos, co imposto sobre o valor da produción da enerxía eléctrica, o imposto sobre a produción de combustible nuclear gastado e refugallos radiactivos resultantes da xeración de enerxía nucleoeléctrica e o imposto sobre o almacenamento de combustible nuclear gastado e refugallos radiactivos en instalacións centralizadas, co arbitrio sobre importacións e entregas de mercadorías nas Illas Canarias, sen prexuízo do preceptuado na mencionada disposición adicional décima da Lei 20/1991, do 7 de xuño, e cos gravames complementarios citados no parágrafo d) deste apartado, así como as de coordinación das funcións que correspondan á Dirección Xeral de Tributos en materia de imposición medioambiental.
    • A Subdirección Xeral de Fiscalidade Internacional, que exercerá as funcións contidas nos parágrafos a) e b) do apartado 1, en relación coa tributación de non residentes, e nos parágrafos d), e) e f) do apartado 1.
    • A Subdirección Xeral de Tributos Locais, que exercerá as funcións contidas no apartado 1.a), b) e d) en relación con estes tributos.
  • A Xunta Consultiva de Réxime Fiscal de Cooperativas dependerá da Dirección Xeral de Tributos.

 

Buscador

Formulario de busca xenérico do Ministerio de Facenda e Función Pública

Banners Destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre nueva ventana)Banco de datos económico financeiros (Abre nueva ventana)Central de informacionPortal da transparenciaParticipación pública en proxectos normativos