Ministerio de Facenda PORTAL INSTITUCIONAL DEL MINISTERIO DE HACIENDA

Buscador de Contenidos

Impostos

Os impostos, xunto coas taxas e as contribucións especiais, configuran os ingresos tributarios, que son a principal fonte de financiamento dos Orzamentos das Administracións Públicas. A importancia relativa de cada unha destas tres clases de tributos é diferente segundo o eido da Administración Pública. Segundo os datos de recadación do exercicio 2015, os ingresos impositivos atribuíbles ao Estado representaron o 84% do total dos seus ingresos non financeiros. En cambio, as taxas son un recurso importante nos organismos que prestan servizos públicos. As contribucións especiais só existen no eido da Administración local.

Para máis información:

No Ministerio de Facenda, mediante a Secretaría de Estado de Facenda, as principais funcións relativas ao sistema tributario distribúense da seguinte maneira:

  • Axencia TributariaAbre nueva ventana: Aplicación efectiva do sistema tributario estatal e aduaneiro (xestión, inspección e recadación).
  • Dirección Xeral de Tributos: Análise e deseño da política global sobre o sistema tributario estatal, a proposta, elaboración e interpretación da normativa tributaria estatal, a negociación e aplicación dos convenios para evitar a dobre imposición, así como outras actuacións relativas ao eido fiscal internacional
  • Dirección Xeral do CatastroAbre nueva ventana: O Catastro Inmobiliario é un rexistro administrativo no que se describen os bens inmobles, de acordo coas súas características físicas, económicas e xurídicas. Corresponde á Dirección Xeral do Catastro a formación e mantemento do Catastro, que comprende, entre outras funcións, a asignación de valor catastral a cada ben inmoble co obxectivo de determinar a capacidade económica derivada da súa titularidade. Este valor administrativo emprégase en diversas figuras tributarias, particularmente no Imposto sobre Bens Inmobles e no Imposto sobre o Incremento do Valor de Terreos de Natureza Urbana. Así mesmo, a información recollida no Catastro facilita o exercicio das funcións de control tributario por parte das Administracións estatal, autonómica e local.
  • Tribunais Económico-Administrativos: Resolución das reclamacións económico-administrativas.
  • Instituto de Estudos FiscaisAbre nueva ventana: Investigación e estudo das cuestións sobre ingresos e gastos públicos e análise e explotación das estatísticas tributarias.
  • Consello para a Defensa do Contribuínte: Actúa para unha mellor defensa dos dereitos e garantías a cidadaníanas súas relacións tributarias e informa sobre as queixas e suxestións que se lle formulan.
  • A Secretaría Xeral de Financiamento Autonómico e Local, ten encomendado o estudo, informe e proposta de normas e medidas relativas ao réxime tributario dos entes territoriais e aos réximes tributarios especiais por razón do territorio, sen prexuízo das competencias da DX de Tributos, a aplicación dos réximes de concerto co País Vasco e convenio coa Comunidade Foral de Navarra así como outras funcións relativas á aplicación e xestión dos sistemas de financiamento autonómico e local.

Banners destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre en nova ventá)Banco de datos económico financeiros (Abre en nova ventá)Goberno AbertoLogotipo do Portal da Transparencia (Abre en nova ventá)Participación pública en proxectos normativos

Ministerio de Facenda e Función Pública