Web del Ministerio de Hacienda

Escudo Goberno de España. Ministerio de Facenda

Portal Institucional del Ministerio de Hacienda

Pensións de clases pasivas

 

Neste espazo atopará toda a información que necesita sobre as Pensións do Réxime de Clases Pasivas do Estado e da Lexislación Especial derivada da Guerra Civil, as Axudas ás Vítimas dos Delitos Violentos e as Pensións por Actos de Terrorismo, cuxa competencia lle corresponde á Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións PúblicasAbre nueva ventana da Secretaría Xeral de Orzamentos e Gastos, encadrada na Secretaría de Estado de Facenda e Orzamentos.

Aquí asesorámoslle sobre os requisitos para acceder a esas prestaciónsAbre nueva ventana, as súas características xerais, a contía e revalorización dos seus importes, así como o lugar e forma de solicitalas.

Calquera dúbida ou aclaración adicional pode preguntala no Teléfono de Información Gratuíto de Clases Pasivas 900 503 055.

Tamén pode acceder á nosa Carta de ServizosAbre nueva ventana, onde lle amosamos os nosos servizos, os compromisos que asumimos na súa xestión, xeito de realizar suxestións e queixas, indicadores de calidade...

Para consulta-la información sobre Clases Pasivas, seleccione o apartado correspondente:

Ademais, na nosa Sede electrónica Abre nueva ventanapoderá realizar por Internet unha serie de trámites persoais relacionados co recoñecemento e pagamento das pensións de Clases Pasivas, como son: Consultar e obter certificados e informes das pensións que lle aboa Clases Pasivas; presentar telemáticamente solicitudes, escritos e comunicacións relacionados cos procedementos de Clases Pasivas; consultar o estado de tramitación das súas solicitudes de pensión ou prestacións; e recibir por medios electrónicos as notificacións e comunicacións administrativas referentes aos procedementos de Clases Pasivas

Buscador

Formulario de busca xenérico do Ministerio de Facenda e Función Pública

Banners Destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre nueva ventana)Banco de datos económico financeiros (Abre nueva ventana)Central de informacionPortal da transparenciaParticipación pública en proxectos normativos