Web del Ministerio de Hacienda

Escudo Goberno de España. Ministerio de Facenda

Portal Institucional del Ministerio de Hacienda

Datos abertos

Banner datos abiertos

A reutilización da información no Ministerio de Facenda e Función Pública

Datos abertos pon a súa disposición recursos de información pública xerados por unidades do Ministerio de Facenda e Función Pública, para a súa reutilización.

A iniciativa Datos abertos no Ministerio de Facenda e Función Pública réxese polo Plan de medidas de impulso da reutilización da información do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas 2012 – 2014Abre nueva ventana, aplicable a todas as unidades do departamento. Pola súa parte os organismos públicos dependentes do Ministerio de Facenda e Función Pública están facultados para desenvolver os seus propios plans de reutilización, así como para xerar e explotar os seus respectivos espazos web.

Datos abertos ten como marco legal:

Condicións de reutilización

O Ministerio de Facenda e Función Pública opta pola modalidade básica de posta a disposición dos datos sen suxeición a condicións específicas (artigo 8.1 do Real decreto 1495/2011, do 24 de outubro).

Serán de aplicación as seguintes condicións xerais para o uso de conxuntos de datos reutilizables:

  • Non debe alterarse o contido da información.
  • Non debe desnaturalizarse o sentido da información.
  • Debe citarse a fonte dos datos e documentos reutilizados.
  • Debe mencionarse a data da última actualización dos datos, sempre e cando este dato esté previamente dispoñible na fonte orixinal.
  • En ningún momento poderá indicarse, insinuarse ou suxerirse que o Ministerio de Facenda e Función Pública ou calquera dos organismos que o integran, participan, patrocinan ou apoian a reutilización que se faga dos datos.
  • Deben conservarse inalterados os metadatos sobre a data de actualización do conxunto de datos e sobre as condicións de reutilización aplicables no seu caso.

Con carácter excepcional se podrá optar de manera motivada por aplicar las modalidades previstas en los el art. 4.2, párrafos b) y c) de la Ley 37/2007, de 16 de noviembre, a la reutilización de determinados documentos y conjuntos de datos. Estas son:

Con carácter excepcional poderase optar de maneira motivada por aplicar as modalidades previstas nos art. 4.2, parágrafos b) e c) da Lei 37/2007, do 16 de novembro, á reutilización de determinados documentos e conxuntos de datos. Estas son:

  • Reutilización de documentos postos a disposición do público con suxeición ás condicións establecidas en licenzas tipo.
  • Reutilización de documentos previa solicitude, conforme ao procedemento previsto no artigo 10, podendo incorporar nestes supostos condicións establecidas nunha licenza.

As condicións de reutilización poden consultarse nos avisos legais de «Datos.gob.esAbre nueva ventana», do Portal e daqueles outros espazos web de reutilización ofrecidos polo Ministerio de Facenda e Función Pública.

Catálogo de datos abertos

Acceda mediante o Catálogo de datos abertos a aqueles recursos que o Ministerio pon a súa disposición para a súa reutilización. Tamén pode facelo a través do Catálogo de información pública «Datos.gob.esAbre nueva ventana».

PARTICIPE CON NOS / COLABORE CON NOS

Se consultou o catálogo de datos abertos e non atopa o que busca, vostede pode:

Buscador

Formulario de busca xenérico do Ministerio de Facenda e Función Pública

Banners Destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre nueva ventana)Banco de datos económico financeiros (Abre nueva ventana)Central de informacionPortal da transparenciaParticipación pública en proxectos normativos