Modelo 150. IRPF. Réxime especial aplicable aos traballadores desprazados a territorio español. (Para contribuíntes que optasen por este réxime con anterioridade a 1 de xaneiro de 2015).
Están obrigados a presentar e subscribir esta declaración os contribuíntes do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) aos que resulte de aplicación o réxime especial aplicable aos traballadores desprazados a territorio español previsto no artigo 93 da Lei do IRPF.
En virtude deste réxime especial, as persoas físicas que adquiran a súa residencia fiscal en España como consecuencia do seu desprazamento a territorio español poden optar, mediante unha comunicación dirixida á Administración Tributaria, por tributar polo imposto sobre a renda de non residentes, mantendo a súa condición de contribuíntes polo imposto sobre a renda das persoas físicas, durante o período impositivo en que se efectúe o cambio de residencia e durante os cinco períodos impositivos seguintes, cando se cumpran certas condicións regulamentariamente establecidas.
Non ten