Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.
Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender resolto o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.
Inicio: O procedemento iniciarase de oficio, por acordo do órgano competente.
Tramitación: Os actos de instrución necesarios para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba pronunciarse a resolución, realizaranse de oficio polo órgano que tramite o procedemento. Os interesados poderán en calquera momento do procedemento anterior ao trámite de audiencia, aducir alegacións e achegar documentos ou outros elementos de xuízo. Instruídos os procedementos e antes de redactar a proposta de resolución, poñeranse de manifesto os interesados para que poidan alegar e presentar os documentos que consideren pertinentes.
Terminación: O procedemento rematará por resolución do órgano competente, declarando a fraude lei ou a inexistencia desta.