Web del Ministerio de Hacienda

Escudo Gobierno de España. Abre nueva ventanaMinisterio de HaciendaAgenda 2030. Abre nueva ventanaThis is the real spain. Abre nueva ventana

Portal Institucional del Ministerio de Hacienda

Declaración de Accesibilidade

O Ministerio de Facenda comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade con el Real decreto 1112/2018, do 7 de setembroAbre nueva ventana, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público (en adiante, Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro).

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web http://www.hacienda.gob.es (os subdominios deste sitio web terán as súas propias declaracións de accesibilidade).

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co el Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro: Poderían existir fallos puntuais de edición en algunha páxina web, tanto en contidos HMTL como en documentos finais, publicados en data posterior ao 20 de setembro de 2018 (data de entrada en vigor do Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro).
  2. Carga desproporcionada: Non aplica.
  3. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: Poderían existir arquivos ofimáticos en PDF ou outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 14 de novembro de 2018.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoevaluación levada a cabo polo propio organismo.

Última revisión da declaración: 14 de novembro de 2018.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.

A través das seguintes vías:

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Subdirección Xeral de Información de Transparencia, Protección de Datos e Servizos Web (Secretaría Xeral Técnica), como unidade responsable de accesibilidade do Ministerio de Facenda.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

A versión actualmente visible deste sitio web é de xullo do 2015 e nesa data fíxose a revisión de nivel de accesibilidade vixente en aquel momento (cumprimento das prioridades 1 e 2 da Norma UNE 139803:2012, conforme ao que dispoñía o Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condiciones básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social).

A partir da dita data lévanse a cabo revisións parciais diarias do contido web novo ou modificado, tanto dos modelos coma das páxinas e documentos finais publicados, co fin de asegurar o cumprimento dos requirimentos de accesibilidade que actualmente son os de A e AA da norma WCAG 2.0, considerando as excepcións do Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro.

Adicionalmente, este sitio web é revisado polo Observatorio de Administración Electrónica (OBSAE). A última revisión realizouse en febreiro de 2018.

Entre outras adóptanse as seguintes medidas para facilitar a accesibilidade:

  • Diferentes opcións de tamaño da fonte. Botóns menú superior
  • Dous contrastes distintos para presentar a sede. Inicialmente comprobado e botón
  • Uso de CSS 3.0 para a presentación da información (follas de estilo en cascada)
  • Utilización de texto alternativo nas imaxes
  • Os enlaces ofrecen detalles da función ou destino do hipervínculo
  • Uso dos estándares do W3C: XHTML 1.0, CSS 3.0, WAI AA.

Buscador

Formulario de busca xenérico do Ministerio de Facenda e Función Pública

Banners Destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre nueva ventana)Banco de datos económico financeiros (Abre nueva ventana)Central de informacionPortal da transparenciaParticipación pública en proxectos normativos