Ministerio de Facenda PORTAL INSTITUCIONAL DEL MINISTERIO DE HACIENDA

Buscador de Contenidos

Catastro

Logotipo da Dirección Xeral do Catastro Cartel informativo sobre cita previa da Dirección Xeral do Catastro

O Catastro Inmobiliario é un rexistro administrativo que depende do Ministerio de Facenda no que se describen os bens inmobles rústicos, urbanos e de características especiais. A descrición catastral dos bens inmobles inclúe as súas características físicas, económicas e xurídicas, entre as que se atopan a súa localización, referencia catastral, superficie, uso, cultivo, representación gráfica, valor catastral e titular catastral.

A Dirección Xeral do Catastro é, dentro da Secretaría de Estado de Facenda, o órgano directivo que ten encomendada a formación e mantemento do Catastro Inmobiliario así como a difusión da información catastral, funcións que exercerá directamente ou mediante as distintas fórmulas de colaboración que se estabelezan coas diferentes Administracións, entidades e corporacións públicas.

A Dirección Xeral do Catastro desenvolve as súas funcións a través dos Servizos Centrais e os Servizos Territoriais, estes últimos constituídos polas Xerencias Rexionais e Territoriais. Tamén existen máis de 3 500 puntos de información catastral (PIC), situados principalmente en municipios e Deputacións distribuídos ao longo de todo o territorio, nos que pode obterse información, certificados e outros servizos catastrais.

Banners destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre en nova ventá)Banco de datos económico financeiros (Abre en nova ventá)Goberno AbertoParticipación pública en proxectos normativosLogotipo do Portal da Transparencia (Abre en nova ventá)