Financiamento Local

Vista de localidad EE.LL.

O Real Decreto Lexislativo 2/2004Abre nueva ventana, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, é a base do sistema de financiamento local. Esta norma refunde a lexislación ao tempo que inclúe as recentes reformas instrumentadas a través da lei 51/2002, de 27 de decembro, e da lei 62/2003, de 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, que tiveron incidencia tanto no ámbito financeiro como no ámbito tributario. As notas fundamentais en relación coa reforma do financiamento local son as seguintes:

  • Garántese a suficiencia financeira das corporacións locais. (Concellos, Deputacións, Cabidos e Consellos), compatible coa supresión desde 2003 do Imposto sobre Actividades Económicas (o segundo imposto local en importancia recadatoria, por detrás do Imposto sobre Bens Inmobles) para máis do 92% dos contribuíntes.
  • Recoñéceselle aos concellos maior capacidade para desenvolver políticas tributarias, poden subir ou baixar os tipos impositivos dos seus impostos e establecer beneficios fiscais potestativos, é dicir, maior corresponsabilida de fiscal municipal.
  • Deséñase un sistema definitivo de financiamento, recollendo na Lei as variables e ponderacións que definen o financiamento municipal, de tal forma que se converta nun sistema estable no tempo.
  • Por último, ás provincias e aos concellos que sexan capitais de provincia ou de comunidade autónoma, ou que teñan máis de 75.000 habitantes, cédeselles unha parte do IRPF, do IVE e dos impostos especiais sobre alcohois, hidrocarburos e labores do tabaco (entre o 1% e o 2%, aproximadamente, dependendo do imposto e de se se trata dun concello ou unha provincia). Esta cesión de impostos estatais, ao estar integrada na parte financeira da reforma, entrará en vigor desde 2004. Os denominados "concellos turísticos" (aqueles que, non cumprindo os requisitos para acceder ao sistema de cesión de impostos, non obstante, teñen unha poboación superior a 20.000 habitantes e un número de vivendas de 2ª residencia superior ao de vivendas principais), fináncianse mediante unha participación nos tributos do Estado de carácter mixto, xa que ademais de participar no modelo xeral de variables, inclúense elementos relacionados coa cesión de rendementos dos impostos especiais sobre hidrocarburos e sobre os labores do tabaco imputables aos mesmos.

Para mais información:

 

Buscador

Formulario de busca xenérico do Ministerio de Facenda e Función Pública

Banners Destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre nueva ventana)Banco de datos económico financeiros (Abre nueva ventana)Central de informacionPortal da transparenciaParticipación pública en proxectos normativos