As subvencións e axudas públicas constitúen unha das ferramentas máis importantes que empregan as Administracións para o fomento das súas políticas públicas.
As subvencións regúlanse na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Lei Xeral de Subvencións.
O artigo 20 contempla a Base de Dados Nacional de Subvencións (BDNS) que a partir do ano 2016 chamarase Sistema Nacional de Publicidade de Subvencións.
A BDNS custódiase na Intervención Xeral da Administración do Estado. A partir de decembro de 2014 participa no Portal de Transparencia e subministra información sobre todas as subvencións e axudas públicas concedidas pola Administración estatal desde 2014.