Escudo Gobierno de España. Ir a La Moncloa. Abre nueva ventanaMinisterio de Hacienda y Función PúblicaAgenda 2030. Abre nueva ventanaPlan de Recuperación, Transformación y ResilienciaPORTAL INSTITUCIONAL DEL MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA

Enlaces de ayuda GL

Seleccione idioma GL

Procedimientos Administrativos

Datos xerais

Denominación

Imposto sobre sucesións e doazóns (Ceuta e Melilla)

Tipo de procedemento ou servizo
Tributaria
Materia
Impostos
Código SIA
997528
Descrición

Procedemento para a presentación da declaración correspondente ao imposto sobre sucesións e doazóns co fin de que a Axencia Tributaria practique a liquidación polo devandito imposto. Tamén existe a posibilidade, a opción do contribuínte, de presentar unha autoliquidación, que poderá ser revisada e, se é o caso, modificada pola Administración. Este procedemento só resulta aplicable cando o rendemento do imposto se entenda producido en Ceuta ou en Melilla, ou cando o contribuínte non sexa residente en España, pois en calquera outro caso a competencia para a súa tramitación e resolución corresponderá á Comunidade Autónoma na que se entenda producido o rendemento do imposto.

Órgano responsable da tramitación (DIR3)
Axencia Estatal de Administración Tributaria (EA0028512)

Información xeral do procedemento/servizo

Forma de iniciación
  • Interesado
Destinatario interesado
  • Cidadán
Documentación
  • Modelos 650, 651 ou 652 de presentación de declaración ou autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns. Se se opta pola declaración, deberá acompañarse o modelo dunha copia do documento que conteña o acto suxeito a tributación.
Prazo de resolución

6 Mes/es

Efecto silencio interesado
Non ten
Órganos de resolución
  • Axencia Estatal de Administración Tributaria
Recursos
  • Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.
  • Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender desestimado o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.
Normativa Básica
Lugar Presentación
  • Telemática.
  • Entidades Colaboradoras
  • Oficinas da AEAT.
  • Oficinas de Correos.
  • Demais lugares considerados no artigo 16 da Lei 39/2015.
Fases do procedemento
  • Inicio. Presentación polo contribuínte do modelo 650, 651 ou 652, de declaración do imposto sobre sucesións e doazóns, no prazo de seis meses dende o falecemento do causante (nos supostos de sucesións) ou de trinta días hábiles dende a celebración do acto ou contrato (nos supostos de doazóns ou de percepcións derivadas de contratos de seguros de vida).
  • Tramitación. Posibilidade por parte da Axencia Tributaria de requirir ao contribuínte a achega dos datos ou documentos que considere necesarios para practicar liquidación, concedendo ao contribuínte un prazo de dez días para achegar os datos ou documentos requiridos. Notificación de proposta de liquidación provisional cando a Axencia Tributaria vaia ter en conta na súa liquidación datos distintos aos declarados polo contribuínte. En tal caso, concederase ao contribuínte un prazo de quince días para presentar os datos, xustificantes e alegacións que considere oportunos.
  • Terminación. Práctica de liquidación provisional por parte da Axencia Tributaria, a notificar ao contribuínte no prazo máximo de seis meses dende o inicio do procedemento. Se transcorresen seis meses dende o inicio do procedemento sen pronunciarse e notificarse liquidación provisional, producirase a caducidade deste, sen prexuízo de que a Administración poida iniciar un novo procedemento (procedemento de oficio neste caso) dentro do prazo de prescrición.
URL tramitación electrónica
Páxina de tramitación electrónicaAbre en nova ventá
Formularios
Sistema/s de identificación
  • DNI electrónico
  • Certificado electrónico
  • Clave PIN
Integrado en Clave
Si
Practica notificacións
  • Postal
  • Electrónica por comparecencia na Sede
  • Electrónica por Dirección Electrónica Habilitada
Suxeito a taxas
Non
Nivel de interactividade
Nivel 4: Tramitación electrónica

Buscador

Formulario de busca xenérico do Ministerio de Facenda e Función Pública

Banners Destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre en nova ventá)Banco de datos económico financeiros (Abre en nova ventá)Central de información Económico-FinanceiraLogotipo do Portal da Transparencia (Abre en nova ventá)Participación pública en proxectos normativos

Ministerio de Hacienda