Web del Ministerio de Hacienda

Escudo Goberno de España. Ministerio de Facenda

Portal Institucional del Ministerio de Hacienda

Fondo para o Estímulo da Economía e o Emprego

Plan E: Abre nueva ventana

O Goberno puxo en marcha o Plan español para o estímulo da economía e o emprego que engloba 80 medidas económicas, financeiras e fiscais.

Dentro do plan atópase o fondo especial do Estado para o estímulo da economía e o emprego, cunha dotación de 3.000 millóns de euros. A finalidade deste fondo, creado a través do Real decreto lei 9/2008, é mellorar a situación conxuntural de determinados sectores estratéxicos e acometer proxectos con alto impacto na creación de emprego.

Os ministerios xestores do fondo serán: Ministerio de Ciencia e Innovación; Ministerio de Industria, Turismo e Comercio; Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño; Ministerio do Interior; Ministerio de Vivenda; Ministerio de Fomento; Ministerio de Educación, Política Social e Deporte e o Ministerio de Defensa.

 Plan Español para o Estímulo da Economía e o EmpregoAbre nueva ventana.

NORMATIVA:

  • Real Decreto Lei 9/2008Abre nueva ventana, do 28 de novembro, polo que se crea un fondo estatal de investimento local e un fondo especial do Estado para a dinamización da economía e o emprego.
  • Orde Ministerial 3566/2008Abre nueva ventana, do 9 de decembro, polo que se fai público o Acordo do Consello de Ministros do 5 de decembro.

MINISTERIOS XESTORES:

Ministerio de Ciencia e Innovación

Actuacións de I+D+iDestínanse 490 millóns de euros, repartidos en tres eixes de actuacións:

  • Saúde: as accións irán dirixidas a incrementar a competitividade e capacidade de I+D+i de empresas e institucións que operan nos diferentes sectores afíns á sanidade (produtos sanitarios, industria farmacéutica, biotecnoloxía, servizos sociosanitarios, instrumental, dispositivos e equipamentos, alimentación saudable, etc.).
  • Enerxía: as actuacións están orientadas a garantir a subministración enerxética, incrementando a contribución das enerxías renovables e as tecnoloxías enerxéticas emerxentes.
  • Excelencia internacional: este eixe inclúe un conxunto de actuacións para impulsar a creación de novas empresas de base tecnolóxica, reforzar a cooperación internacional en actuacións sostibles de excelencia, crear unha infraestrutura científica e tecnolóxica avanzada, aberta á utilización por todos os axentes do sistema de ciencia e tecnoloxía e reforzar programas colaborativos públicos-privados no marco do Plan nacional de I+D+i.

Desagregación dos importes das actuaciónsAbre nueva ventana (PDF, aprox. 51,87 KB)

 

 Ministerio de Industria Turismo y Comercio

Actuacións no sector de automoción

Asígnanse 800 millóns de euros para o mantemento e a mellora da competitividade do sector de automoción en España. A finalidade concreta e as liñas de actuación para financiar coa devandita asignación determinaranse por un posterior Acordo do Consello de Ministros, unha vez se concreten as liñas estratéxicas básicas da Unión Europea destinadas a paliar o impacto da política económica global no devandito sector.

Desagregación dos importes das actuaciónsAbre nueva ventana (PDF, aprox. 27 KB)

Máis informaciónAbre nueva ventana

 

Ministerio Medio Ambiente y Medio Rural y Marino

Actuacións ambientaisDestínanse 575 millóns de euros, repartidos do seguinte xeito:

  • Reforzo dos programas de augas: programas de xestión e infraestruturas da auga, de calidade das augas e de modernización da xestión de recursos hídricos para o regadío.
  • Reforzo de actuacións no litoral: protección, defensa e conservación do dominio público marítimo-terrestre; creación, recuperación e rexeneración de praias; accesos públicos ao mar e outras actuacións en garantía do uso público e da protección da integridade das costas.
  • Reforzo de actuacións no medio rural: conservación do patrimonio e dos recursos naturais no medio rural e programa de camiños naturais.
  • Reforzo de actuacións de política forestal e en espazos de alto valor ecolóxico: reforestación e outras actuacións de repoboación forestal, limpeza de montes e prevención de incendios forestais e actuacións en parques nacionais.

Desagregación dos importes das actuacións

Máis informaciónAbre nueva ventana

 

Ministerio del Interior

Construción, adecuación, rehabilitación e mellora de edificios públicos, especialmente casas-cuartel, comisarías e centros penais

Destínanse 380 millóns de euros á construción, adecuación, rehabilitación e mellora de casas-cuartel, comisarías e centros penais.

Desagregación dos importes das actuacións  Abre nueva ventana

 Máis informaciónAbre nueva ventana

 

Ministerio de Vivienda

Rehabilitación de vivendas e rehabilitación de espazos urbanos

Destínanse 110 millóns de euros para as seguintes actuacións:

  • Rehabilitación integrada de barrios degradados, conxuntos históricos, centros urbanos e municipios rurais, así como actuacións de renovación urbana.
  • Mellora da eficiencia enerxética, hixiene, saúde e protección do medio nos edificios, incluída a utilización de enerxías renovables.
  • Obras que teñan por obxecto garantir a seguridade e a estanquidade dos edificios.
  • Mellora da accesibilidade ao edificio e ás súas vivendas.

 Desagregación dos importes das actuaciónsAbre nueva ventana (PDF, aprox. 139 KB)

 

Ministerio de Fomento

Actuacións en pequenas infraestruturas do transporte

Dedícanse 140 millóns de euros para a supresión e/ou protección de pasos a nivel de ferrocarril, o mantemento da rede convencional de ferrocarril e a conservación e seguridade viaria en estradas.

Desagregación dos importes das actuacións 

Ministerio de Educación, Política Social y Deporte

Actuacións vinculadas coa prestación de servizos sociais: turismo social e atención á dependencia

Asígnanse 430 millóns de euros para as seguintes actuacións:

  • Reforzo dos programas de envellecemento activo: 30 millóns de euros, destinados ao programa de vacacións para maiores e ao programa de termalismo social.
  • Promoción dos servizos de atención á dependencia: 400 millóns de euros.

Desagregación dos importes das actuaciónsAbre nueva ventana (PDF, aprox. 101 KB)

Más informaciónAbre nueva ventana

 

Ministerio de Defensa

Actuacións para mellorar as instalacións militares

Destínanse 75 millóns de euros a actuacións de mellora das instalacións militares.

 

Desagregación dos importes das actuacións

Más informaciónAbre nueva ventana 

 

Buscador

Formulario de busca xenérico do Ministerio de Facenda e Función Pública

Banners Destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre nueva ventana)Banco de datos económico financeiros (Abre nueva ventana)Central de informacionPortal da transparenciaParticipación pública en proxectos normativos