Web del Ministerio de Hacienda

Escudo Goberno de España. Ministerio de Facenda

Portal Institucional del Ministerio de Hacienda

Doutrina

Segundo establecen os artigos 88 e 89 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, os contribuíntes poden formular á Dirección Xeral de Tributos consultas respecto do réxime, a clasificación ou a cualificación tributaria que lles corresponda en cada caso. 

A contestación a esas consultas tributarias escritas, formuladas antes da finalización do prazo establecido para o exercicio dos dereitos, a presentación de declaracións ou autoliquidacións ou o cumprimento doutras obrigacións tributarias, deberá realizarse no prazo de seis meses desde a súa presentación e terá efectos vinculantes para os órganos e entidades da Administración tributaria encargados da aplicación dos tributos na súa relación co consultante, salvo que presenten cuestións relacionadas co obxecto ou tramitación dun procedemento, recurso ou reclamación iniciado con anterioridade á formulación da consulta.

A resolución das reclamacións económico-administrativas que se interpoñan contra o actos ditados polos órganos centrais do Ministerio de Economía e Facenda (e demais órganos que determina a Lei), das reclamacións nas que deba oírse ou se oíra como trámite previo ó Consello de Estado así como dos recursos de alzada contra as resolucións ditadas en primeira instancia polos tribunais económico-administrativos rexionais e locais, dos recursos extraordinarios de revisión e dos extraordinarios de alzada para unificación de criterio corresponde ó Tribunal Económico-Administrativo Central.

Por outra banda, contra as resolucións en materia tributaria distadas polo Tribunal Económico-Administrativo Central, poderá interporse recurso extraordinario para a unificación de doutrina polo Director Xeral de Tributos, cando estea en desacordo co contido das devanditas resolucións perante a Sala Especial para a Unificación de Doutrina, que ditará resolución no prazo de seis meses establecendo a doutrina aplicable, vinculante para os tribunais económico-administrativos e para o resto da Administración tributaria.

O artigo 86 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria establece que o Ministerio de Facenda (hoxe Ministerio de Economía e Facenda) publicará as contestacións ás consultas e as resolucións económico-administrativas de maior trascendencia e repercusión.

Para obter máis información:

Buscador

Formulario de busca xenérico do Ministerio de Facenda e Función Pública

Banners Destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre nueva ventana)Banco de datos económico financeiros (Abre nueva ventana)Central de informacionPortal da transparenciaParticipación pública en proxectos normativos