Financiamento Autonómico

Imagen mapa comunidades autonomas Imagen banderas comunidades autonomas

En relación co financiamento das comunidades autónomas, en España existen dous modelos: o réxime comúne o réxime foral.

Así mesmo, dentro do réxime común, Canarias posúe un réxime económico e fiscal peculiar por razóns históricas e xeográficas, que se regulou tendo en conta as disposicións da Unión Europea sobre rexións ultraperiféricas.

Ceuta e Melilla son dúas cidades que participan do financiamento autonómico, de conformidade cos seus Estatutos de Autonomía e tamén do réxime de financiamento das Facendas Locais. Así mesmo, dispoñen dun réxime de fiscalidade indirecta especial, en virtude da que recadan o imposto sobre a produción, os servizos e a importación, en lugar do IVE.

Xunto cos recursos que o sistema de financiamento proporciona ás Comunidades Autónomas, hai que engadi-lo resto dos recursos de que dispoñen: tributos propios, transferencias dos Orzamentos Xerais do Estado, fondos da Unión Europea, etc. Así mesmo, as Comunidades Autónomas poden obter financiamento acudindo ó endebedamento, nos termos previstos pola normativa vixente.

A Constitución Española refírese ó sistema de financiamento das Comunidades Autónomas nos artigos 156 a 158. Así mesmo, recoñece as especialidades dos territorios forais e de Canarias.

  • O artigo 156  Abre nueva ventana(PDF aprox. 66.12 KB) establece os principios do sistema: autonomía financeira, coordinación e solidariedade.
  • No artigo 157 Abre nueva ventana (PDF aprox. 71.81 KB) enuméranse os recursos das Comunidades Autónomas e remite o seu regulamento a unha Lei OrgánicaAbre nueva ventana.(PDF aprox. 252.78 KB).
  • No artigo 158 Abre nueva ventana(PDF aprox. 66.89 KB) establécense os instrumentos para facer efectivo o principio de solidariedade.
  • Ademais, a Disposición Adicional Primeira Abre nueva ventana (PDF aporx. 56.37 KB) refírese ós territorios forais e a Disposición Adicional Terceira Abre nueva ventana(PDF aprox. 54.94 KB) á modificación do réxime económico e fiscal do arquipélago canario.
  • Finalmente, a Disposición Transitoria Quinta  Abre nueva ventana (PDF aprox. 57.18 KB)permitiu a constitución de Ceuta e Melilla como cidades con Estatuto de Autonomía.

Para máis información:

Buscador

Formulario de busca xenérico do Ministerio de Facenda e Función Pública

Banners Destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre nueva ventana)Banco de datos económico financeiros (Abre nueva ventana)Central de informacionPortal da transparenciaParticipación pública en proxectos normativos