Ministerio de Facenda PORTAL INSTITUCIONAL DEL MINISTERIO DE HACIENDA

Buscador de Contenidos

O endebedamento

Tanto a Constitución (artigo 157) como a Lei Orgánica de Financiamento das Comunidades Autónomas (LOFCA, artigo 14) recollen como un dos recursos financeiros das Comunidades o endebedamento, tanto a curto como a longo prazo.

A LOFCA establece que as operacións de crédito a curto prazo deben destinarse a cubrir necesidades transitorias de tesourería.

En relación coas operacións de crédito de longo prazo (prazo superior a un ano), a Lei Orgánica de Financiamento das Comunidades Autónomas establece dous requisitos:

  • Que os recursos obtidos se destinen exclusivamente a gastos de investimento.
  • Que o importe total das anualidades de amortización, por capital e intereses, non exceda o 25 % dos ingresos correntes da Comunidade Autónoma.

Ademais destes requisitos, se as Comunidades Autónomas desexan concretar operacións de crédito no estranxeiro ou emitir débeda pública, deben obter previamente autorización do Estado.

Estas autorizacións instruméntanse a través de Acordos do Consello de MinistrosAbre en nova ventá.

Por outra parte e para dar cumprimento ás funcións que a normativa de estabilidade orzamentaria atribúe ao Consello de Política Fiscal e Financeira das Comunidades Autónomas, este órgano adoptou, na súa sesión plenaria celebrada o día 6 de marzo de 2003, os Acordos en relación co endebedamento das Comunidades Autónomas Abre en nova ventá(PDF aprox. 127,33 KB) despois da entrada en vigor da normativa sobre estabilidade orzamentaria, a partir do 1 de xaneiro do 2003.

Os datos do endebedamento das Comunidades Autónomas son ofrecidos polo Banco de EspañaAbre en nova ventá nos cadros do boletín estatístico.

Banners destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre en nova ventá)Banco de datos económico financeiros (Abre en nova ventá)Goberno AbertoParticipación pública en proxectos normativosLogotipo do Portal da Transparencia (Abre en nova ventá)