A reutilización da información no Ministerio.
Datos abertos pon a súa disposición recursos de información pública xerados por unidades do Ministerio de Facenda e Función Pública, para a súa reutilización.
A iniciativa Datos abertos no Ministerio réxese polo
Plan de medidas de impulso da reutilización da información do Ministerio de Facenda (PDF aprox. 1 MB), aplicable a todas as unidades do departamento. Este Plan prorrógase automaticamente. Pola súa parte os organismos públicos dependentes do Ministerio están facultados para desenvolver os seus propios plans de reutilización, así como para xerar e explotar os seus respectivos espazos web.
Datos abertos ten como marco legal:
- Normativa europea:
- Normativa Española:
- Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.
- Libro Terceiro da Real Decreto-lei 24/2021, do 2 de novembro, de transposición de directivas da Unión Europea nas materias de bonos garantidos, distribución transfronteiriza de organismos de investimento colectivo, datos abertos e reutilización da información do sector público, exercicio de dereitos de autor e dereitos afíns aplicables a determinadas transmisións en liña e ás retransmisións de programas de radio e televisión, exencións temporais a determinadas importacións e subministracións, de persoas consumidoras e para a promoción de vehículos de transporte por estrada limpos e energéticamente eficientes.
- Lei 18/2015, de 9 de xullo, pola que se modifica a Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.
- Real decreto 1495/2011, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, para o ámbito do sector público estatal.
- Resolución do 19 de febreiro de 2013, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se aproba a norma técnica de interoperabilidade de reutilización de recursos da información
Condicións de reutilización
O Ministerio opta pola modalidade básica de posta a disposición dos datos sen suxeición a condicións específicas (artigo 8.1 do Real decreto 1495/2011, do 24 de outubro).
Serán de aplicación as seguintes condicións xerais para o uso de conxuntos de datos reutilizables:
- Non debe alterarse o contido da información.
- Non debe desnaturalizarse o sentido da información.
- Debe citarse a fonte dos datos e documentos reutilizados.
- Debe mencionarse a data da última actualización dos datos, sempre e cando este dato estea previamente dispoñible na fonte orixinal.
- En ningún momento poderá indicarse, insinuarse ou suxerirse que o Ministerio ou calquera dos organismos que o integran, participan, patrocinan ou apoian a reutilización que se faga dos datos.
- Deben conservarse inalterados os metadatos sobre a data de actualización do conxunto de datos e sobre as condicións de reutilización aplicables no seu caso.
Con carácter excepcional poderase optar de maneira motivada por aplicar as modalidades previstas nos art. 4.1, parágrafos b) e c) da Lei 37/2007, do 16 de novembro, á reutilización de determinados documentos e conxuntos de datos. Estas son:
- Reutilización de documentos postos a disposición do público con suxeición ás condicións establecidas en licenzas tipo.
- Reutilización de documentos previa solicitude, conforme ao procedemento previsto no artigo 10, podendo incorporar nestes supostos condicións establecidas nunha licenza.
As condicións de reutilización poden consultarse nos avisos legais de «Datos.gob.es», do
Portal e daqueles outros espazos web de reutilización ofrecidos polo Ministerio.
Catálogo de datos abertos
Acceda mediante o
Catálogo de datos abertos a aqueles recursos que o Ministerio pon a súa disposición para a súa reutilización. Tamén pode facelo a través do Catálogo de información pública «Datos.gob.es».
PARTICIPE CON NOS / COLABORE CON NOS
Se consultou o catálogo de datos abertos e non atopa o que busca, vostede pode:
- Consultar outros espazos de reutilización existentes no Ministerio.
- Preguntar pola existencia doutros recursos de información que non figuran no catálogo e que poidesen ser reutilizables. Para iso póñase en contacto con nos.
- Localizar aos depositarios de información reutilizable. Para iso consulte o noso directorio.
- Presentar queixas e suxestións (require certificado electrónico).
- Se coñece a existencia dun recurso de información que non está dispoñible en formato electrónico ou que, en principio, non é reutilizable por algunha disposición expresa, e ten interese por el, pode presentar unha solicitude de reutilización de información pública (require certificado electrónico); procedemento do que, se o desexa, pode saber máis.
- Rexistrarse como usuario para ser advertido dos cambios que se realicen na canle.