Declaracións Informativas. Verificación de datos / Comprobación limitada.
A Administración tributaria poderá iniciar o procedemento de verificación de datos nos seguintes supostos:
a) Cando a declaración ou autoliquidación do obrigado tributario adoeza de defectos formais ou incorra en erros aritméticos.
b) Cando os datos declarados non coincidan cos contidos noutras declaracións presentadas polo mesmo obrigado ou cos que obren en poder da Administración tributaria.
c) Cando se aprecie unha aplicación indebida da normativa que resulte patente da propia declaración ou autoliquidación presentada ou dos xustificantes achegados con esta.
d) Cando se requira a aclaración ou xustificación dalgún dato relativo á declaración ou autoliquidación presentada, sempre que non se refira ao desenvolvemento de actividades económicas.
6 Mes/es