Inicio. Os certificados tributarios expediranse a instancia do obrigado tributario ao que o certificado se refira ou a petición dun órgano administrativo ou de calquera outra persoa ou entidade interesada que requira o certificado, sempre que a devandita petición esté prevista nunha lei ou conte co previo consentimento do obrigado tributario. Agás que se estableza o contrario, a falta de emisión do certificado non determinará que se entenda emitido con carácter positivo. Enténdense por certificacións positivas aquelas nas que consten cumpridas a totalidade das circunstancias, obrigas ou requisitos esixidos pola normativa reguladora do certificado, e negativas no caso contrario.
Terminación. Emisión do certificado. Unha vez emitido, o obrigado tributario poderá manifestar a súa desconformidade con calquera dos datos que formen parte do seu contido no prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da súa recepción, mediante un escrito no que solicite a modificación do certificado, dirixido ao órgano que o expedise, ao que se achegarán os elementos de proba que considere convenientes para acreditar a súa solicitude