Ministerio de Facenda PORTAL INSTITUCIONAL DEL MINISTERIO DE HACIENDA

Buscador de Contenidos

Procedimientos Administrativos

Datos xerais

Denominación

NIF: Asignación de Número de Identificación Fiscal ás persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica.

Tipo de procedemento ou servizo
Tributaria
Materia
Impostos
Código SIA
996922
Descrición

Procedemento a través do cal a Axencia Estatal de Administración Tributaria asigna o NIF ás persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica para as súas relacións de natureza ou con transcendencia tributaria.

Órgano responsable da tramitación (DIR3)
Axencia Estatal de Administración Tributaria (EA0028512)

Información xeral do procedemento/servizo

Forma de iniciación
  • Interesado
  • Oficio
Destinatario interesado
  • Empresa
Destinatario oficio
  • Empresa
Requisitos dos solicitante
Más información sobre la protección de datos en la Agencia Tributaria en https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/condiciones-uso-sede-electronica/datos-personales.html
Documentación
  • Modelo 036. Copia da escritura pública ou documento fidedigno da súa constitución e dos estatutos sociais ou documento equivalente. Certificación da súa inscrición nun Rexistro Público, cando proceda.
Prazo de resolución

10 Día/s hábil/es

Máis información de prazo
Los períodos de interrupción justificada que se especifiquen reglamentariamente, las dilaciones en el procedimiento por causa no imputable a la Administración Tributaria, y los períodos de suspensión del plazo que se produzcan conforme a lo previsto legalmente no se incluirán en el cómputo del plazo de resolución.
Efecto silencio interesado
Non ten
Efecto silencio oficio
Non ten
Órganos de resolución
  • Axencia Estatal de Administración Tributaria
Fin vía
No
Recursos
  • Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.
  • Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender resolto o procedemento ou o recurso de reposición previo. Interpoñerase ante o órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.
Normativa Básica
Normativa que regula a tramitación electrónica
Lugar Presentación
  • Telemática.
  • Oficinas da AEAT
Fases do procedemento
  • Inicio: A instancia de parte. As persoas xurídicas ou entidades sen personalidade xurídica que vaian ser titulares de relacións de natureza ou con transcendencia tributaria deberán solicitar un NIF. A solicitude efectuarase mediante presentación da declaración censual de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores (modelo 036). Deberase solicitar antes de realizar calquera entrega, prestación ou adquisición de bens ou servizos, percepción de cobramentos ou aboamento de pagamentos, ou contratación de persoal laboral, para o desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional. En todo caso, a solicitude formularase dentro do mes seguinte á data de constitución ou establecemento en territorio español da persoa xurídica ou entidade sen personalidade xurídica. Os Notarios poderán presentar, por vía telemática, en representación das persoas xurídicas e entidades sen personalidade en constitución, o modelo 036 e a documentación precisa para solicitar o NIF provisional, en determinados supostos. De oficio. En caso de que non o soliciten, a Administración Tributaria poderá proceder de oficio a dalos de alta no Censo de Obrigados Tributarios e a asignarlles o NIF que corresponda.
  • Tramitación: A Administración Tributaria poderá comprobar a veracidade dos datos comunicados polos interesados nas súas solicitudes de NIF provisional ou definitivo. Cando os datos non fosen veraces, concederase audiencia por un prazo de dez días.
  • Terminación Denegación: -Poderase denegar a asignación do NIF provisional ou definitivo cando da comprobación efectuada pola Administración Tributaria resultase que os datos comunicados polos interesados non son veraces. -O NIF provisional ou definitivo non se asignará ás persoas xurídicas ou entidades que non acheguen, polo menos, un documento asinado no que os outorgantes manifesten o seu acordo de vontades para a constitución da persoa xurídica ou entidade ou outro documento que acredite situacións de cotitularidade. Asignación de NIF provisional / definitivo: -Asignarase o NIF no prazo de dez días. -O NIF será provisional mentres a entidade non achegue copia da escritura pública ou documento fidedigno de constitución e dos estatutos sociais ou documento equivalente, así como certificación de inscrición nun Rexistro Público, cando proceda. -Cando se asigne NIF provisional, a entidade quedará obrigada á achega da documentación pendente necesaria para a asignación do NIF definitivo nun mes dende a inscrición no Rexistro correspondente ou dende o outorgamento dos documentos citados, se non fose necesaria a inscrición destes no Rexistro correspondente. Transcorrido este prazo sen que se achegase a documentación pendente, poderase requirir a súa achega, outorgando un prazo máximo de dez días para a súa presentación ou para xustificar os motivos que a imposibiliten, con indicación do prazo necesario para a súa achega definitiva. A falta de atención en tempo e forma do requirimento poderá determinar a revogación do NIF provisional. -Para solicitar o NIF definitivo deberase presentar declaración censual de modificación (modelo 036), na que se farán constar, se é o caso, as modificacións producidas respecto dos datos consignados na declaración de solicitude do NIF provisional que non fosen comunicados á Administración en anteriores declaracións censuais de modificación, e á que se acompañará a documentación pendente. Cumprida esta obriga, asignarase o NIF definitivo. -Mediante convenio entre a Axencia Tributaria e os Notarios facilítase ás persoas xurídicas e entidades sen personalidade a obtención de NIF provisional no momento do outorgamento da escritura pública ou documento fidedigno de constitución, logo de presentación do modelo 036, e de NIF definitivo, cando se proceda á súa inscrición rexistral.
URL tramitación electrónica
Páxina de tramitación electrónicaAbre en nova ventá
Formularios
Requisitos identificación persoas xurídicas
Alto: DNI electrónico, outros certificados recoñecidos en soporte HW, coa certificación dunha entidade de certificación acreditada.
Sistema/s de identificación
  • Non require autenticación
Integrado en Clave
Non procede
Practica notificacións
  • Electrónica por comparecencia na Sede
  • Electrónica por Enderezo electrónico Habilitado única ou DEHú
Suxeito a taxas
Non
Nivel de interactividade
Nivel 4: Tramitación electrónica

Banners destacados

Enlaces a información destacada del Ministerio de Hacienda

Acceso á Sede Electrónica Central. Abre nova xanela Acceso al Banco de Datos Económico Financieros. Abre nueva ventana Acceso aos  compromisos de Goberno Aberto Acceso ao Portal da Transparencia. Abre nova xanela Acceso á Participación Publica en Proxectos Normativos