Procedemento inspector de comprobación e investigación.
O procedemento de inspección terá por obxecto comprobar e investigar o axeitado cumprimento das obrigas tributarias e neste procederase, se é o caso, á regularización da situación tributaria do obrigado mediante a práctica dunha ou varias liquidacións. A comprobación terá por obxecto os actos, elementos e valoracións consignados polos obrigados tributarios nas súas declaracións. A investigación terá por obxecto descubrir a existencia, se é o caso, de feitos con relevancia tributaria non declarados ou declarados incorrectamente polos obrigados tributarios.
Segundo normativa aplicable