Recadación. Medidas preventivas.
Instrumento legal para asegurar o cobramento da débeda tributaria, polo que a Administración poderá adoptar medidas preventivas de carácter provisional cando existan indicios racionais de que, noutro caso, o devandito cobramento se vería frustrado ou gravemente dificultado.
A medida preventiva deberá ser notificada ao afectado con expresa mención dos motivos que xustifican a súa adopción.
As medidas haberán de ser proporcionadas ao dano que se pretenda evitar e na contía estritamente necesaria para asegurar o cobramento da débeda. En ningún caso se adoptarán aquelas que poidan producir un prexuízo de difícil ou imposible reparación.
Non ten