Ministerio de Facenda PORTAL INSTITUCIONAL DEL MINISTERIO DE HACIENDA

Buscador de Contenidos

Procedementos administrativos

Datos xerais

Denominación

Aprazamento e fraccionamento de débedas

Tipo de procedemento ou servizo
Tributaria
Materia
Impostos
Código SIA
992010
Descrición

Solicitude, tramitación, resolución e notificación dos expedientes de aprazamento e fraccionamento concedidos ao obrigado ao pagamento cando a súa situación económico-financeira lle impida de forma transitoria efectuar o pagamento das débedas nos prazos establecidos. As débedas que se encontren en período voluntario ou executivo poderán aprazarse ou fraccionarse nos termos que se fixen regulamentariamente e previa solicitude do obrigado tributario, cando a súa situación económico-financeira lle impida, de forma transitoria, efectuar o pagamento nos prazos establecidos.

Non poderán ser obxecto de aprazamento ou fraccionamento as débedas tributarias cuxa exacción se realice por medio de efectos timbrados.

Tampouco poderán aprazarse ou fraccionarse as débedas correspondentes a obrigas tributarias que deban cumprir o retedor ou o obrigado a realizar ingresos á conta, agás nos casos e condicións previstos na normativa tributaria.

Órgano responsable da tramitación (DIR3)
Axencia Estatal de Administración Tributaria (EA0028512)

Información xeral do procedemento/servizo

Forma de iniciación
  • Interesado
Destinatario interesado
  • Cidadán
  • Empresa
Documentación
  • Á solicitude de aprazamento ou fraccionamento deberase acompañar a documentación esixida.
Prazo de resolución

6 Mes/es

Efecto silencio interesado
Negativo
Órganos de resolución
  • Axencia Estatal de Administración Tributaria
Fin vía
No
Recursos
  • Reposición: Prazo: Un mes. Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.
  • Reclamación económico-administrativa: Prazo: Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender resolto o procedemento ou o recurso de reposición previo. Dirixirase ao órgano administrativo que pronunciase o acto reclamable.
Normativa Básica
Lugar Presentación
  • Telemática.
  • Entidades Colaboradoras.
  • Oficinas da AEAT
  • Oficinas de Correos.
  • Demais lugares considerados no artigo 16 da Lei 39/2015.
Fases do procedemento
  • Iniciación: As solicitudes de aprazamento ou fraccionamento dirixiranse ao órgano competente para a súa tramitación dentro dos prazos seguintes: a) Débedas que se encontren en período voluntario de ingreso ou de presentación das correspondentes autoliquidacións: dentro do prazo fixado para o ingreso no artigo 62.1, 2 e 3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou na normativa específica. Para estes efectos, no caso de débedas resultantes de autoliquidacións presentadas fóra de prazo, só se entenderá que a solicitude se presenta en período voluntario cando a solicitude de aprazamento ou fraccionamento se presente xunto coa autoliquidación extemporánea. b) Débedas que se encontren en período executivo: en calquera momento anterior á notificación do acordo de alleamento dos bens. Á solicitude de aprazamento ou fraccionamento deberase acompañar: a) Compromiso de aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou de certificado de seguro de caución, ou a documentación requirida, segundo o tipo de garantía que se ofreza. b) Se é o caso, os documentos que acrediten a representación e o lugar sinalado para os efectos de notificación. c) Os demais documentos ou xustificantes que considere oportunos. En particular, deberá xustificarse a existencia de dificultades económico-financeiras que lle impidan de forma transitoria efectuar o pagamento no prazo establecido. d) Se a débeda tributaria cuxo aprazamento ou fraccionamento se solicita foi determinada mediante autoliquidación, o modelo oficial desta, debidamente cuberto, agás que o interesado non estea obrigado a presentalo por obrar xa en poder da Administración; en tal caso, sinalará o día e procedemento en que o presentou. e) Se é o caso, solicitude de compensación durante a vixencia do aprazamento ou fraccionamento cos créditos que poidan recoñecerse ao seu favor durante o mesmo período de tempo sen prexuízo do disposto no artigo 52.2, segundo parágrafo. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na normativa ou non se acompañan os documentos citados nas alíneas anteriores, o órgano competente para a tramitación do aprazamento ou fraccionamento requirirá o solicitante para que, nun prazo de 10 días contados a partir do seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto ou achegue os documentos con indicación de que, de non atender o requirimento no prazo sinalado, se terá por non presentada a solicitude e se arquivará sen máis trámite.
  • Tramitación: O órgano competente para a tramitación examinará e avaliará a falta de liquidez e a capacidade para xerar recursos e valorará a suficiencia e idoneidade das garantías, ou, en caso de solicitude de dispensa de garantía, verificará a concorrencia das condicións precisas para obtela. Durante a tramitación da solicitude o debedor deberá efectuar o pagamento do prazo, fracción ou fraccións propostos naquela.
  • Terminación e Execución:: As resolucións que concedan aprazamentos ou fraccionamentos de pagamento especificarán o número de código conta cliente, se é o caso, e os datos identificativos da entidade de crédito que teña que efectuar o cargo en conta, os prazos de pagamento e demais condicións do acordo. A resolución poderá sinalar prazos e condicións distintos dos solicitados. Execución. Se o acordo é incumprido, iniciarase ou continuarase o procedemento executivo, en todo ou en parte da débeda, dependendo do momento de solicitude e da extensión da garantía prestada.
URL tramitación electrónica
Páxina de tramitación electrónicaAbre en nova ventá
Formularios
Sistema/s de identificación
  • DNI electrónico
  • Certificado electrónico
  • Outros
  • Clave PIN
Integrado en Clave
Si
Practica notificacións
  • Postal
  • Electrónica por comparecencia na Sede
  • Electrónica por Enderezo electrónico Habilitado única ou DEHú
Suxeito a taxas
Non
Nivel de interactividade
Nivel 4: Tramitación electrónica

Banners destacados

Enlaces a información destacada del Ministerio de Hacienda

Acceso á Sede Electrónica Central. Abre nova xanela Acceso al Banco de Datos Económico Financieros. Abre nueva ventana Acceso aos  compromisos de Goberno Aberto Acceso ao Portal da Transparencia. Abre nova xanela Acceso á Participación Publica en Proxectos Normativos