A Xunta Arbitral de Navarra é un órgano de deliberación e resolución dos conflitos que se susciten entre as administracións tributarias do Estado e da comunidade foral ou de calquera comunidade autónoma en relación con:
- A aplicación dos puntos de conexión dos tributos concertados. O denominado «punto de conexión» é o criterio polo que o Convenio Económico determina a normativa que se debe aplicar, común ou foral e cal é a administración á que se lle atribúe o rendemento ou a competencia de exactor dun determinado tributo convido.
- A determinación da proporción correspondente a cada administración nos supostos de tributación conxunta polo imposto sobre sociedades ou polo imposto sobre o valor engadido. O Convenio Económico determina os casos nos que unha empresa lle debe tributar exclusivamente a unha administración e os casos que debe tributar de forma compartida a Navarra e ao resto do territorio español. Neste segundo suposto establécense regras para fixar a porcentaxe da débeda que se debe ingresar en cada territorio.
- A interpretación e aplicación do Convenio Económico coa Comunidade Foral de Navarra a casos concretos relativos a relacións tributarias individuais.
- As discrepancias sobre a domiciliación dos contribuíntes.
Normativa reguladora
A súa regulación atópase no artigo 51 do Convenio Económico entre o Estado e a Comunidade Foral de Navarra aprobado pola
Lei 28/1990, do 26 de decembro segundo redacción dada pola Lei 25/2003, do 15 de xullo, que ten o seu desenvolvemento regulamentario regulado no
Real Decreto 353/2006, do 24 de marzo, polo que se aproba o Regulamento da Xunta Arbitral prevista no Convenio Económico entre o Estado e a Comunidade Foral de Navarra, modificado polo
Real Decreto 530/2017, de 26 de maio. (Acceso a versión consolidada do Real Decreto 353/2006).
Composición
A Xunta está integrada por tres membros nomeados polo Ministro de Facenda e o Conselleiro de Economía e Facenda do goberno de Navarra, nos que debe concorrer a condición de seren expertos de recoñecido prestixio en materia tributaria ou facendística.
Na actualidade integran este órgano os seguintes membros:
- Presidente: Don Eugenio Simón Acosta
- Vogais: Don José-Antonio Asiaín Ayala e Dona Ana María Muñoz Merino