Ministerio de Facenda PORTAL INSTITUCIONAL DEL MINISTERIO DE HACIENDA

Buscador de Contenidos

Estrutura e composición do Consello

PLENO

  • Composición
  • Funcións

PRESIDENTE

COMISIÓN PERMANENTE

  • Composición
  • Funcións

UNIDADE OPERATIVA

GRUPOS DE TRABALLO

PLENO

Composición

Fórmano dezaseis vogais nomeados polo ministro de Facenda e Administracións Públicas, a proposta do secretario de Estado de Facenda, mediante Orde ministerial (artigo 4.1 do RD 1676/2009), con excepción de determinados vogais que teñen a condición de natos en razón do cargo que ostentan, distribuídos da forma seguinte:

  • Oito representantes de sectores profesionais relacionados co ámbito tributario e da sociedade en xeral. Catro dos devanditos vogais deberán pertencer ao ámbito académico e os outros catro deberán ser profesionais no ámbito tributario, todos eles de recoñecido prestixio.
  • Catro vogais representantes da Axencia Estatal de Administración Tributaria coa seguinte distribución:
    • Dous representantes dos departamentos e servizos da Axencia Estatal de Administración Tributaria, propostos polo Secretario de Estado de Facenda, ouvido o director xeral daquela.
    • O director do Servizo de Auditoría Interna da Axencia Estatal de Administración Tributaria, que é vogal nato.
    • O director do Servizo Xurídico da Axencia Estatal de Administración Tributaria, que é vogal nato.
  • Un representante de cada un dos seguintes centros directivos, propostos polo secretario de Estado de Facenda, ouvidos os seus directores: Dirección Xeral de Tributos e Dirección Xeral do Catastro.
  • Un representante dos Tribunais Económico Administrativos, proposto polo secretario de Estado de Facenda, ouvido o presidente do Tribunal Económico Administrativo Central.
  • O avogado do Estado xefe da Avogacía do Estado en materia de facenda da Secretaría de Estado de Facenda, que, ademais, será o secretario do Consello para a Defensa do Contribuínte, que é vogal nato.Funcións dos vogais.

Funcións dos vogais

Todos os vogais teñen as mesmas obrigacións e responsabilidades de sixilo e secreto que a lexislación vixente contempla respecto dos funcionarios integrados na AEAT.

Tamén lles resulta de aplicación o réxime de abstención e recusación previsto no Capítulo II do Título preliminar da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

PRESIDENTE

Ha de ser unha persoa de recoñecido prestixio no ámbito tributario con, polo menos, 10 anos de experiencia profesional. É nomeado polo ministro de Facenda e Administracións Públicas, a proposta do Consello, de entre os seus membros, por un prazo de catro anos. Ostenta a representación do mesmo e é o órgano de relación coa Secretaría de Estado de Facenda, a AEAT e os demais organismos públicos e privados.

O primeiro presidente foi o profesor Javier Lasarte Álvarez, catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla.Na actualidade ocupa o cargo José Antonio Sánchez Galiana, catedrático da mesma disciplina na Universidade de Granada.

Actúa, do mesmo xeito que o Consello, con total independencia respecto de calquera outro órgano administrativo e con total autonomía en canto aos criterios e directrices a aplicar no exercicio das súas funcións, de forma que debe poñer en coñecemento inmediato do secretario de Estado de Facenda calquera actuación que as menoscabe (artigo 5 do RD 1676/2009).

COMISIÓN PERMANENTE

Composición

Presídea o presidente e está formada por tres membros, designados polo pleno a proposta do seu presidente e polo secretario do Consello, que así mesmo asumirá as funcións de secretario da devandita comisión.

Funcións

Entre as súas funcións atópanse as de decidir a tramitación e distribución das queixas e suxestións; propor ao presidente a orde do día das sesións do Pleno e as súas datas de celebración, así como preparar a documentación e informes precisos sobre os temas a tratar neste; elaborar o proxecto de Memoria anual; elaborar propostas de xestión, de revogación e de cambio normativo; recibir información sobre os expedientes resoltos polos servizos responsables, etc.

UNIDADE OPERATIVA

Integrada no Servizo de Auditoría Interna da AEAT, áchase a Unidade Operativa, adscrita ao Consello para a Defensa do Contribuínte.Coordinada polo director do Servizo de Auditoría Interna, actúa baixo a superior dirección do presidente do Consello, prestándolle apoio técnico no desempeño das súas actividades. A unidade operativa intégrana tres unidades de tramitación de queixas e suxestións.

Existen dúas unidades rexionais con sedes en Madrid e Barcelona, e por tanto cun ámbito de actuación limitado territorialmente, e unha unidade central.

Banners destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre en nova ventá)Banco de datos económico financeiros (Abre en nova ventá)Goberno AbertoLogotipo do Portal da Transparencia (Abre en nova ventá)Participación pública en proxectos normativos

Ministerio de Facenda e Función Pública