Ministerio de Facenda PORTAL INSTITUCIONAL DEL MINISTERIO DE HACIENDA

Buscador de Contenidos

Como acceder a un posto de traballo como empregado público

A Constitución española preceptúa que a selección no emprego público se rexe polos principios de mérito e capacidade, igualdade e publicidade. En concreto, regula que “Os cidadáns teñen o dereito a acceder en condicións de igualdade ás funcións e cargos públicos” e que “a lei regulará o acceso á función pública de acordo cos principios de mérito e capacidade”.

En base a estes preceptos constitucionais de acceso ao emprego público, a Administración Xeral do Estado implementa un sistema de acceso, que se detalla, a modo informativo, a continuación:

  1. Como acceder a un posto de traballo como empregado público

    Para acceder ao emprego público deben de cumprirse os requisitos esixidos na convocatoria, presentar no prazo a solicitude,  pagar, salvo exención, a taxa correspondente, superar as probas selectivas e tomar posesión na praza ofertada.

    O acceso á condición de empregado público pode ser á condición de funcionario de carreira ou á de traballador con contrato laboral fixo, en función do tipo de tarefas a desempeñar.

    Nalgúns casos convócanse procesos para ser nomeado funcionario interino ou persoal laboral temporal, nestes casos a duración da relación de servizos coa Administración está limitada no tempo e non é permanente. No entanto, con carácter xeral para o nomeamento do persoal temporal non se publica unha convocatoria previa, xa que adoitan utilizarse listas de reserva de candidatos en anteriores procesos selectivos para persoal fixo ou outros procedementos específicos.

    Nos casos do persoal funcionario, o acceso a esta condición realízase mediante o acceso a un corpo ou escala concreta, creado pola lei. Os corpos de funcionarios clasifícanse en grupos de titulación de acordo coa titulación requirida para o ingreso nos mesmos:

    • Grupo A:
      • Subgrupo A1: Esíxese estar en posesión do título universitario de Grao, Enxeñeiro, Arquitecto, Licenciado ou equivalente. Naqueles supostos nos que a Lei esixa outro título universitario será este o que se teña en conta.
      • Subgrupo A2: Esíxese estar en posesión do título universitario de Grao, Enxeñeiro técnico, Arquitecto técnico, Diplomado universitario, Formación profesional de terceiro grao ou equivalente.
    • Grupo C:
      • Subgrupo C1: Esíxese estar en posesión do título de Bacharel ou Técnico ou equivalente.
      • Subgrupo C2: Esíxese estar en posesión do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente. 
  2. Qué Que requisitos  se esixen para participar nas probas selectivas

    • NACIONALIDADE           

      Para ser Funcionario:

      • Ter a nacionalidade española.
      • Tamén poderán participar, como persoal funcionario,
        1. Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea.
        2. O cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, calquera que sexa a súa nacionalidade sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os descendentes menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que sexan dependentes.
        3. As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
      • No entanto, requírese nacionalidade española para os corpos nos que así se establece e para aqueles postos de traballo que directa ou indirectamente impliquen unha participación no exercicio do poder público ou na salvagarda dos intereses xerais do Estado e das Administracións Públicas.

Para ser Laboral:

Ademais dos supostos anteriores, os non nacionais con permiso de traballo e residencia en España.

  •       IDADE     
    • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Por Lei poderá establecerse outra idade máxima distinta para o acceso.

      Poderase esixir a idade mínima de dezaoito anos para o acceso aos corpos e escalas que impliquen o exercicio de autoridade ou cuxas funcións supoñan risco para a saúde.

    •  TITULACIÓN
      • Posuír á data de finalización do prazo de presentación de instancias a titulación que se requira nas bases de cada convocatoria.
      • Os aspirantes con titulacións universitarias obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente credencial de homologación ou no seu caso do correspondente certificado de equivalencia, e os aspirantes con titulacións non universitarias obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente credencial de homologación. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao amparo das disposicións de dereito comunitario.
    • CAPACIDADE
      • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
      • Nalgúns casos pode requirirse superar as probas físicas previstas na convocatoria.
    • HABILITACIÓN LEGAL
      • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos organismos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas
      • Non acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de funcionarios, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado.
      • No caso de procesos selectivos para ingreso como persoal funcionario: Non pertencer ao mesmo corpo ou escala ao que se presenta... No caso de participación en procesos selectivos para adquirir unha determinada especialidade, se xa se tivese a condición de funcionario do mesmo corpo ou escala, só se adquirirá a respectiva especialidade.
      • No caso de procesos selectivos para ingreso como persoal laboral: Non pertencer como persoal laboral fixo ao mesmo grupo profesional e área funcional a cuxas probas selectivas se presenta.
      • En caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

ACCESO A PROFESIÓNS, OFICIOS E ACTIVIDADES QUE IMPLIQUEN CONTACTO HABITUAL CON MENORES E EXERCICIO DAS MESMAS.

Será requisito para o acceso ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores, e para o exercicio das mesmas, o non ser condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. Para ese efecto, quen pretenda o acceso a tales profesións, oficios ou actividades deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais.

  1. Que son as cotas de discapacidade e de promoción interna e como funcionan.
    1. Que é a quenda de acceso de persoas con discapacidade?

      Ass convocatorias das probas selectivas correspondentes á oferta de emprego público incluirán unha reserva dunha cota para ser cubertas entre persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no apartado 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas.

      A normativa prevé que se reserve un sete por cento das prazas para persoas con discapacidade, e polo menos o dous por cento para persoas que acrediten unha discapacidade intelectual, o resto das prazas ofertadas serao para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade. Cada administración realizará a distribución da reserva de prazas dando preferencia ás vacantes en corpos, escalas e categorías laborais cuxas funcións resulten compatibles coa existencia dunha discapacidade.

      A normativa establece outros mecanismos para facilitar o acceso ao emprego público das persoas con discapacidade, como a adaptación de tempo e/ou medios para a realización das probas, alterar a orde de prelación para a elección de prazas en determinados supostos, ou a adaptación do posto que se adxudique.

    2.  Que  é a quenda de promoción interna?

      A promoción interna consiste no ascenso dun funcionario de carreira dun corpo ou escala dun subgrupo de clasificación profesional a outro corpo ou escala do subgrupo superior, ou no caso do persoal laboral fixo o ascenso a unha categoría profesional superior. Para iso débese presentar a instancia para participar no proceso e superar as probas selectivas.

      O persoal laboral fixo tamén pode participar por promoción interna para acceder a un corpo ou escala de persoal funcionario dun determinado subgrupo profesional.

      Para acceder a un corpo ou escala de persoal funcionario débense posuír os requisitos esixidos para o ingreso no novo corpo ou escala, e ter unha antigüidade de polo menos, dous anos de servizo no corpo ou escala de pertenza.

      Para a promoción interna a unha categoría superior de persoal laboral, débese reunir os requisitos esixidos no convenio colectivo de aplicación.

Banners destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre en nova ventá)Banco de datos económico financeiros (Abre en nova ventá)Goberno AbertoLogotipo do Portal da Transparencia (Abre en nova ventá)Participación pública en proxectos normativos

Ministerio de Facenda e Función Pública