Ministerio de Facenda PORTAL INSTITUCIONAL DEL MINISTERIO DE HACIENDA

Buscador de Contenidos

Doutrina

Segundo establecen os artigos 88 e 89 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, os contribuíntes poden formularlle á Dirección Xeral de Tributos consultas respecto ao réxime, a clasificación ou a cualificación tributaria que en cada caso lles corresponda.

A contestación a estas consultas tributarias escritas, formuladas antes da finalización do prazo establecido para o exercicio dos dereitos, a presentación de declaracións ou auto liquidacións ou o cumprimento doutras obrigacións tributarias, deberá realizarse no prazo de seis meses desde a súa presentación e terá efectos vinculantes para os órganos e entidades da administración tributaria encargados da aplicación dos tributos na súa relación co consúltante, salvo que expoñan cuestións relacionadas co obxecto ou tramitación dun procedemento, recurso ou reclamación iniciado con anterioridade á formulación da consulta.

A resolución das reclamacións económico-administrativas que se interpoñan contra os actos ditados polos órganos centrais do Ministerio (e demais órganos que determina a Lei), das reclamacións nas que deba ouvirse ou se ouviu como trámite previo ao Consello de Estado así como dos recursos de alzada contra as resolucións ditadas en primeira instancia polos Tribunais Económico-Administrativos Rexionais e Locais, dos recursos extraordinarios de revisión e dos extraordinarios de alzada para unificación de criterio corresponde ao Tribunal Económico-Administrativo Central.

Doutra banda, contra as resolucións en materia tributaria ditadas polo Tribunal Económico-administrativo Central poderá interporse recurso extraordinario para a unificación de doutrina polo Director Xeral de Tributos, cando estea en desacordo co contido das devanditas resolucións ante a Sala Especial para a Unificación de Doutrina, que ditará resolución no prazo de seis meses establecendo a doutrina aplicable, vinculante para os Tribunais Económico-administrativos e para o resto da Administración tributaria.

O artigo 86 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria establece que o Ministerio de Facenda publicará as contestacións ás consultas e as resolucións económico-administrativas de maior transcendencia e repercusión.

Para más información:

Banners destacados

Enlaces a información importante do Ministerio de Facenda e Función Pública

Sede Electrónica (Abre en nova ventá)Banco de datos económico financeiros (Abre en nova ventá)Goberno AbertoLogotipo do Portal da Transparencia (Abre en nova ventá)Participación pública en proxectos normativos

Ministerio de Facenda e Función Pública